Pontejazz » Noticias
[05/03/2018 01:25:00]
Toni Belenguer & SPJ-Group (Jazz no Principal 2018)
Sábado 10 de Marzo ás 21h no Teatro Principal (Jazz no Principal 2018)
TONI BELENGUER & SPJ-Group
Toni Belenguer: trombón
Miguel Ponce: saxo alto
Alejandro Artalejo: guitarra
Sergio de Miguel: piano
Lolo Martínez: tuba
Sandra López: batería
Entrada 5 € (Estudantes, parados e xubilados 3€)

Comeza a sua carreira aos sete anos de idade no  Conservatorio Superior de Música de Valencia. Tamén estuda Jazz e harmonía moderna con Francisco Blanco “Latino” no Taller de Música Moderna de Sueca.
Ten participado como alumno activo  en varios seminarios de Jazz e música moderna con mestres coma:  Mike F. Mossman, Ove Larson, Perico Sambeat, Pat Metheny, Bernardo Sasseti, Kurt Rossenwinkel, Aaron Goldberg, Alan Ferber.
Conqueriu o primeiro premio ao mellor solista no  concurso nacional de Salamanca en 2003 con Alberto Sánchez group.  O seu grupo (Toni Belenguer 5tet), foi seleccionado para a mostra de jazz do Palau da música de Valencia  no ano  2006.
Compoñente da xira española de Michael Brecker Quindectet 2004. Participou como trombonista nun proxecto con  Al Foster no “Tribute to Elvin Jones “ en San Javier ( Murcia ) en 2005. Ten compartido esceario con solistas e  grupos como: Perico Sambeat Sextet, Sedajazz Big Band, Orquesta de cámara del Teatre Lliure ( Barcelona ), Abe Rabade  ( Ghu! Proyect ), Ramón Cardo Big Band, Luis Vidal (Barcelona), Jeff Jerolamond nonet, Celia Mur, Sedajazz Latin Ensemble, Big Band do 40  Aniversario ( Festival de San Sebastián 2005)
Como docente é mestre do Conservatorio Superior de Música “Joaquin Rodrigo” de Valencia, ESMUC (Catalunya), Musikene (Euskadi), e Seminarios coma o do Palau da música de Valencia, Taller de jazz da Universitat de Castelló.