Pontejazz » Noticias
[25/02/2015 09:55:00]
JAZZ no PRINCIPAL 2015
Un ano máis, e xa van once, presentamos o ciclo Jazz no Principal na cidade de Pontevedra. Nesta edición de 2015 o SPJ mantén firmemente a súa filosofía de programación; unha decidida aposta polo pouso didáctico que tres figuras do jazz deixarán nas xóvenes promesas deste estilo en Galiza. Para esta ocasión aunaremos moita xuventude con grande veteranía, contando coas visitas da revelación do jazz portugués, un  saxofonista alto novísimo chamado  Ricardo Toscano, o saxofonista soprano sueco Cenett Jönsson,  e o contrabaixista arxentino residente en Barcelona Horacio Fumero.
As actuacións consisten nun programa elaborado polos tres jazzistas convidados a Pontevedra que presentan xunto a unha selección dos alumnos máis representativos do SPJ.
  Por suposto, o ciclo ofrece paralelamente os habituais obradoiros matutinos que imparten estes tres artistas.
    Esta completa programación abonda unha vez máis naquela idea sempre presente no facer do SPJ; o decidido apoio e dinamización  do jazz e os  novos jazzistas galegos.